Galicia: apertura de listas de interinidades y sustituciones en varios cuerpos docentes


21 Oct, 2020

- Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

590004 Lingua castelá e literatura
590010 Francés
590124 Sistemas electrónicos
590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):

591202 Equipamentos electrónicos
591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
591206 Instalacións electrotécnicas

3. Corpo de mestres (597)

597033 Lingua estranxeira francés

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través deste ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lembrar que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Seguri os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (DOG)
Resolución do 21 de outubro corpos profesores ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional
Resolución do 21 de outubro corpo de mestres

 Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.

CLAVE (594405)
CONTRABAIXO (594406)
PERCUSIÓN (594422)

Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Resolución do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A)

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte LIGAZÓN e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible desde o xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

Deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.